15 decembro 2020

BIBLIOSUXESTIÓNS DE NADAL EN LIÑA DA MAN DO APALPADOR!

Xa sabemos que este ano o TEMA EIXO é O MUNDO MÁXICO, MÍTICO, IRREAL, UTOPÍAS E DISTOPÍAS, polo tanto tiñamos que traer á biblioteca a unha das nosas PERSONAXES MÍTICAS do CICLO DO NADAL, O APALPADOR, ese carboeiro que todos os anos, na Noiteboa ou na Noitevella, vén desde os Ancares e o Courel a apalpar a barriguiña dos máis pequenos, para saber se están ou non ben alimentados. 

Témolo desde hoxe na BIBLIOXUN, con castañas e MOITAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS, moitas BIBLIOSUXESTIÓNS, que xa sabedes que este ano teñen formato dixital. 

A labor creativa vén dos rapaces e rapazas de 1º de ESO, guiados pola profesora Blanca Barrio, de Debuxo

Gozade do Apalpador, levade as obras que máis vos gusten, que máis vos chamen a atención... HAI MOTIÍSIMAS NOVIDADES!!!!

O alumnado de 1º de ESO xa pasou estes días pola biblio para coller algún libro!!! Mirade as fotos!! Que ben!!!