Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2024-25: "UN MUNDO DE ÁRBORES"
Alumnado de 4º de ESO atendeu moi ben as indicacións da profesora Marilí, de Física e Química, porque o resultado foi unha serie dePRODUCTOS DE COSMÉTICA NATURALque non teñen nada que envidiar aos que saen nas revistas!!!
A maxia non só a poden facer os magos! A química permite crear cousas incríbles!!! Fixádevos!!
E AGORA... A PUBLICIDADE!!!!
Estes son os gañadores e gañadoras do concurso de anuncios publicitarios que complementan a creación do propio producto!!
Dando un paseíño estes días de confinamento perimetral e hostalaría pechada...
...atopei o Concello de Pontevedra de COR MORADA!!!
E por que? -vos preguntaredes. Pois porque a semana que vén celebramos, coma todos os anos o
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
"Xa abonda de minutos de silencio", lese no cartel da fachada...
Márcase este día no calendario para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres de todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Oxalá non tiveramos que celebrar este día nunca, pero debemos facelo, e, por suposto, nunca calando, senón alzando a voz por todas as mulleres que están a sufrir no círculo pechado do seu fogar, que xa non é máis que un entorno de medo, opresión, afogamento, anguria. Tamén debemos pensar nas rapazas que, froito da ausencia de educación afectivo-sexual, aguanta chantaxes, insultos, ciumes ou malos modos da súa parella, nunha relación tóxica que nin sequera ela é capaz de identificar, nin sequera logra verse a si mesma como muller maltratada. Aí a educación volve ser a solución a todos os males, e debe abarcar moito máis dun día ao ano.
A cultura, a información, as obras que versan sobre este tema, son a nosa responsabilidade como BIBLIOTECA, polo tanto aí vai a nosa BIBLIOSUXESTIÓN:
Evitemos o que o cantante de rap madrileño, Chojin, recolle na letra desta canción, nada alonxada da cruda realidade de moitas mulleres, por desgraza:
(El final del cuento de hadas, de Chojin)
Berremos, se é preciso, por que os nosos compañeiros homes demostren por nós...
RESPECTO!!
(Respect, de Aretha Franklin)
A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, no seu artigo 1.1, define a violencia de xénero como aquela que, como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, se exerce sobre estas por parte de quen sexa ou fora cónxuxe ou de quen estea ou estivera ligado a elas por relacións similares de afectividade, con ou sen convivencia, e comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluidas as agresión á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria da liberdade.
(Think, de Aretha Franklin)
Nas seguintes ligazóns accederedes á páxina da Delegación do Goberno contra a violencia de xénero, con respecto aos seguintes temas:
En Pontevedra tamén se loita pola igualdade e polo respecto á muller: mira os carteis das árbores e preme nesta ligazón. Entérate das iniciativas da túa cidade!
Podes ti facer algo por elas? Podes facer algo por ti? Merece a pena...
(Merece la pena, de La sonrisa de Julia).
CONCURSO!!!!O noso pequeno gran de area, desde o IES A Xunqueira I, será recoller nos comentarios a esta entrada de blog un bo número de MICRORRELATOS PARA O DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
Escribe un microrrelato que teña que ver coa temática da VIOLENCIA DE XÉNERO, que este ano imos centrar nas RELACIÓNS TÓXICAS ENTRE ADOLESCENTES.
O microrrelato ten que ter como máximo 100 palabras. Prepárao no teu procesador de textos e cópiao como comentario a esta entrada. Non olvides incluir o teu nome completo, o curso e o grupo.
Moitos deles poderán ser lidos o mércores 25 de novembro durante o recreo, na biblioteca.
Os tres mellor escritos levarán un regalo sorpresa!
Participa na conmemoración deste día e amosa as túas cualidades como escritor ou escritora!!!
Organizouse un acto oficial do que formaron parte representantes de sete centros educativos do ámbito rural e urbano de Galicia.
Nós participamos como centro A Xunqueira I de Pontevedra, xunto coa Fundación Secretariado Xitano.
O esquema do acto foi o seguinte:
Primeiro, as palabras do Presidente da Plataforma de Infancia de Galicia (en liña).
Logo, un vídeo da Plataforma da Infancia de Galicia.
A continuación, as palabras da Conselleira de Política Social (en liña).
Vídeos dos grupos de rapaces e rapazas traballando nas actividades relativas ao tema da infancia e/ou adolescencia.
Finalmente, as exposicións, seguidas de preguntas á conselleira sobre este mesmo tema por cada centro educativo. Hoxe tratáronse temas tan cruciais coma o acoso escolar, as desigualdades ou a inclusión.
Aquí tedes algunhas fotos deste evento. No noso caso, transmitíamos desde a nosa biblioteca...
Os nosos "mestres de cerimonia" facendo as presentacións correspondientes...
Todos os grupos participantes xuntos na vídeo-conferencia
Na pantalla vense os nosos rapaces da Xunqueira I facendo os comentarios e as preguntas...
Sempre baixo a supervisión dos nosos "mestres de cerimonia"...
Desde os corredores do centro podíanse escoitar as palabras da conselleira e dos rapaces participantes...