Dentro das actividades de PONTECIENCIA, recibimos a visita do antropólogo RAFAEL QUINTÍA, que nos veu falar de MITOLOXÍA GALEGA e das PAISAXES MÍTICAS DE GALICIA.
Foi unha conferencia moi amena e interesante. Aprendemos moitísimo das súas palabras e fixo ver ao grupo de profes e ao alumnado que ali estaba que coñecemos moi pouco do noso e o importante que sería que o valoraramos máis.
Informounos, tamén, da existencia dun recente DOCUMENTAL sobre a riqueza mitolóxica galega, no que el colaborou, "O país da moura. Ab origine", ao que podedes acceder desde a seguinte ligazón:
https://www.lingua.gal/recursos/outros/_/promovelo/contido_530/pais-moura-origine
A actividade é perfecta para rematar o noso PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO, o noso tema eixo deste ano na biblioteca: "O mundo máxico, mítico, irreal, utopías e distopías".