30 novembro 2021

Bibliosuxestións lectoras do alumnado

Este ano as bibliosuxestións que o alumnado deixou no noso buzón foron moitísimas! 

Fixádevos que tremenda exposición fixemos coa compra da maioría delas!














25 novembro 2021

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

No Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller fixéronse dentro e fóra da Biblioxún os seguinte eventos, fixádevos:

  • "IDENTIDADE. A NORMALIDADE DO NON COMÚN": O autor da obra teatral Identidade, Nee Barros, veu falar acerca de cuestións relacionadas coa identidade de xénero, e definíu moi claramente a diferenza entre conceptos como "sexo biolóxico", "xénero asignado", "identidade de xénero", "expresión de xénero" e "orientación sexual". Como sabedes, esta obra lese no Club de Lectura "A esmorga", dentro do novo grupo creado este ano sobre "FEMINISMOS e LGTBI"










  • "NO SOY MI MEJOR TESORO. / NO, SOY MI MEJOR TESORO. / Y CRÉEME, AQUELLA COMA QUE PUSO EN SU HISTORIA, / LE DEVOLVIÓ LA VIDA": A poeta e mestra pontevedresa Carmen Quinteiro veu falarnos de querernos a nós mesmos/as, de non deixarnos influenciar en exceso polas redes sociais, pola imaxen idealizada e irreal que se da de nós mesmos/as, de buscar a nosa personalidade e alcanzar os nosos soños... Tocounos a fibra sensible, fíxonos reflexionar, aprendimos moitísimo das súas palabras, das súas experiencias, da súa poesía... Acudíu a esta charla alumnado de 3º e 4º de ESO. 












  • Por suposto, a nosa BIBLIOSUXESTÓN LECTORA non pode faltar: 

  • O mesmo día 25, fixemos o ACTO SIMBÓLICO DE PLANTAR UNHA ÁRBORE, neste caso unha OLIVEIRA, no patio do noso centro para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Axudaron nesta actividade un grupo de alumnos, alumnas e profesoras. O alumnado leu, ademais, unha serie de recomendacións para axudar a previr as violencias machistas entre os adolescentes. Foi moi emotivo! A choiva parou naquel momento para escoitar estas palabras e para lembrar ás 37 vítimas da violencia este ano en España... Por favor, nin unha máis!



















  • CONCURSO DE MICRORRELATOS "SOMOS O BERRO DAS QUE NON TEÑEN VOZ".
Os seguintes microrrelatos corresponden ás tres gañadoras deste concurso: 
Sofía Abad (2º ESO, PMAR), Lucía Pazos (2º ESO) e Adela Vilas (2º Bacharelato). 
Noraboa ás gañadoras!!















  • Relacionado co Club de Lectura, un grupo de alumnos e alumnas participou na celebración do aniversario do nacemento de dona Emilia Pardo Bazán organizado pola Delegación de Goberno de Pontevedra, coa lectura dunha selección de textos da autora. Así mesmo, un alumno do centro elaborou un cartel conmemorativo da autora e do acto (“A violencia de xénero nos textos de Emilia Pardo Bazán”) que se expuxo nos corredores. 

Foto extraída da revista Xuncos