Alumnado de 1º de ESO, no ámbito dunha actividade da clase de Plástica (organizada pola profesora Inés) e arredor do tema eixo deste curso ("Un mundo de árbores"), fixo unha exposición moi colorida e atractiva no Parnasillo. Xogaron coas simetrías e a combinación de cores e quedou todo espectacular.
A natureza invade o noso espazo de follas e animais como nunca se vira!!
Sempre nos gusta gozar do traballo do alumnado do noso centro!!
¡Biblioteca creativa!