25 novembro 2025

ACTIVIDADES 25 N: "O machismo vese claro"

No noso centro, desenvolvemos actividades dentro da materia de Proxecto Competencial, no ámbito do Departamento de Debuxo e tamén grazas ao Equipo de Igualdade, e obtemos traballos tan interesantes coma estes... 

Nós si que vemos o machismo claramente, nós estamos coas vítimas, nós rexeitamos a violencia, nós reivindicamos este día e non calamos o resto do ano... 

Grazas ao alumnado que traballa tanto e transmite tanto... 

Todo está nos corredores do centro e no Parnasillo, e por suposto, dentro do Tema Eixo de "Miradas reveladoras": 
















14 novembro 2025

CEA VEGANA. Instalación artística.

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA, A DIFUSIÓN DE TEXTOS LITERARIOS, E A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA)

Alumnado de 1º D do Bacharelato de Artes, organizado no ámbito dos Departamentos de Inglés e Debuxo,  expuxeron no corredor do centro una "Cea vegana" cuns invitados moi coñecidos: Mary Shelley, Edgar Allan Poe, Lord Byron e Anxel Fole

Nesta instalación non só había esculturas terroríficas en cada un dos pratos, senón que se escoitaban textos dos autores/a, lidos en inglés ou en galego polo propio alumnado. Adiviñades de onde sacaron os textos? Da Biblioteca, por suposto!! Podedes escoitalo na nosa conta de Instagram!

Quedou xenial!!