02 maio 2019

O AUTOR DO MES DE MAIO: ARTHUR SCHOPENHAUER


O AUTOR DO MES

MAIO


ARTHUR SCHOPENHAUER
(Dantzig, 1788 – Francfurt, 1860)

Como as autoridades académicas parecen menosprezar a Filosofía, imos dedicarlle este mes a Arthur Schopenhauer, autor dunha biografía pouco rechamante: orfo de pai na adolescencia, enfrontado á súa nai, que foi unha célebre escritora, abandonou o mundo mercantil ó que estaba destinado para dedicar a súa vida ó estudo; nunca casou, fracasou como profesor universitario e viviu das rentas da súa herdanza ben administradas.


Publicou poucas obras, das cales só dúas son fundamentais, xa que incorporan o dito nas restantes: O mundo como vontade e representación (publicada en 1818 e, xa aumentada, en 1844 e 1859) e Parerga et paralipomena (que se pode traducir como O accesorio e o omitido, editada en 1851). Sempre considerou a primeira o seu gran libro e a segunda como un conxunto de ensaios divulgativos de temática moi diversa, entre os cales destacan A sabedoría da vida e, no mundo hispánico, un título escollido por un editor hábil: O amor, as mulleres e a morte.


Schopenhauer reaccionou contra os filósofos contemporáneos -en especial, Hegel e Fichte- e inspirouse fundamentalmente en Platón, Kant e os Upanisads, textos de sabedoría india. Gozou dunha gran cultura e dominou varios idiomas, entre eles o español, do que traduciu o Oráculo manual de Baltasar Gracián. Cita con frecuencia a moitos escritores, como Séneca, Montaigne, Shakespeare, Voltaire, Calderón… Non é de estrañar que, á súa vez, influíse en autores tan variados como Nietzsche, Hesse, Mann, Unamuno, Baroja, Azorín, Borges… Entre os filósofos puros non tivo tanto éxito, talvez polo seu ocasional irracionalismo e a importancia que lle deu á intuición como medio de adquirir o coñecemento do mundo.



Partindo dunha intuición persoal, entende que a esencia da vida é a vontade, concibida como un desexo permanentemente insatisfeito. Trátase dunha esencia oculta baixo múltiples aparencias enganosas. Non debe entenderse no sentido habitual da palabra. Afecta incluso a fenómenos físicos.


No ser humano, a vontade produce unha permanente insatisfacción, que supón dor. De xeito pesimista, Schopenhauer entende que o home se move entre a dor e o tedio, cando o desexo é temporalmente satisfeito. Para liberarse desa maldición, só temos a arte e o renunciamento.


A ética do noso autor, a pesar do seu ateísmo, ten moitas semellanzas coas doutrinas cristiás e, sobre todo, coas budistas. Nalgún momento parece crer na metempsicose, o cal non é demasiado estraño se comprendemos que, para el, a nosa individualidade é só aparente. O que importa é a especie e, en derradeira instancia, a vontade; sen decatarnos, servimos a estas; por exemplo, cando nos guiamos polo instinto sexual, que non é máis que un engano da vontade para a pervivencia da especie. Schopenhauer entende a vida humana como unha traxicomedia, vendo ós homes afanarse por ter e posuír ou enganados coa falsa idea da felicidade, en especial na adolescencia.



A lectura das súas obras, a pesar dos prexuízos e ocasionais arbitrariedades que encerran, é frecuentemente amena e instrutiva, porque o autor sempre procurou ter algo interesante que dicir e expresalo da maneira máis clara e brillante posible.


Os seus textos poden atoparse doadamente en internet en varios idiomas. Na nosa biblioteca encóntrase a tradución realizada por Unamuno de A vontade na natureza., un dos seus libros secundarios. A súa gran obra, O mundo como vontade e representación, pode atoparse publicada por Alianza Editorial ou a Editorial Porrúa, de México, a cal tamén editou fragmentos de Parerga et paralipomena, igual que a Editorial Edaf, de Madrid.


01 maio 2019

CONTO DO MES DE MAIO. CATULLE MENDÈS: "La domadora"

Catulle Mendès, escritor francés do Parnasianismo, é o autor do noso conto do mes de maio.

Reparade na columna da dereita do blog ou pulsade o enlace da fotografía...



OS MAIORES CÓNTANLLE AO ALUMNADO DO INSTITUTO AS SÚA EXPERIENCIA NA ESCOLA

O proxecto no que se inclúen actividades coma as que seguen leva por nome...

"FALAMOS DA ESCOLA. O VALOR DA EXPERIENCIA DE A FUNDACIÓN"

Facilita que as persoas maiores socias dos Espazos +60 colaboren voluntariamente cos centros educativos para favorecer a comprensión dalgunhas materias do currículo escolar, concretamente a historia da educación en Galiza e en España. 

Nas seguintes fotos fálase de EDUCACIÓN...





Pero nas seguintes fotos recóllese un novo diálogo destas pessoas maiores sobre a EMIGRACIÓN...



As charlas compleméntanse cunha EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE A EMIGRACIÓN no Parnasillo:












28 abril 2019

NOVO CARTEL: "O PARNASILLO"


O PARNASILLO!! 

XA TEMOS NOME NO NOSO 2º ESPAZO DA BIBLIOTECA, NA PLANTA BAIXA DO CENTRO!!

É aquí onde facemos moitas exposicións, onde podedes xuntarvos para levar a cabo un traballo en grupo e, tal e como suxire o nome do espazo, un lugar onde poder desenvolver actividades de calquera  ámbito artístico. 

Este é o cartel que fixeron os alumnos e alumnas de 3º de ESO, coordinados pola profesora Blanca, do Departamento de Debuxo. 

Excelente selección de técnica artística, perfecto resultado!!

QUE AS MUSAS VOS INSPIREN SEMPRE ASÍ DE BEN!!!

26 abril 2019

SEMANA DO LIBRO: AS MULLERES DO 27. PEQUENA BIOGRAFÍA E RECITAL POÉTICO DE VARIAS DESTAS MULLERES

Cartel anunciador da actividade.


Desde o Departamento de Lingua Castelá e Literatura, e coordinado e presentado pola profesora Julia, un grupo de rapazas de 2º de Bacharelato participou nun fermoso recital de poesía que permitíu lembrar o labor persoal e cultural dun grupo de seis mulleres, que formaban parte das chamadas "las sinsombrero", que tamén habería que incluir no grupo do 27 aínda que nos nosos libros de texto non se recoñezan como deberan... 

Para iso estamos aquí...

Ter memoria histórica consiste tamén en levar a cabo actividades coma esta na nosa biblioteca...

Sandra falounos de Lucía Sánchez Saornil e léunos dous poemas...


Lucía falounos de Rosa Chacel e léunos dous poemas... 

María falounos de Concha Méndez e léunos dous poemas...


Iria Martínez falounos de Ernestina de Champourcin e léunos dous poemas...


Iria Ramos falounos de Josefina de la Torre e léunos dous poemas...


Jéssica falounos de Carmen Conde e léunos dous poemas...


Grazas, rapazas, por facer este xesto tan fermoso na semana do libro!

24 abril 2019

SEMANA DO LIBRO: "HIMNOS A LA NOCHE"


Cartel anunciador da actividade

Gaspar David Fiedrich, "A abadía en ruinas"

O poeta Novalis

A actividade que se propoñeu, desde o Departamento de Lingua Castelá e Literatura, para a celebración do Día do Libro títulábase "Himnos a la noche". A presentación fíxose en castelán precisamente pola lingua en que se imparte a asignatura de Literatura Universal.

En primeiro lugar, a profesora Julia fixo unha introducción para comprender un pouco as razóns polas que se facía este recital de poesía, e logo foi presentando a cada un dos participantes, á vez que ían lendo as súas propias composicións:


“HIMNOS A LA NOCHE”: RECITAL POÉTICO Y ALGUNOS TOQUES DE RAP.

1. Introducción

Esta actividad que ahora presentamos surgió de las clases de Literatura Universal. Estamos ahora con el movimiento artístico-literario del Romanticismo, que supongo que sabéis que apareció en Alemania e Inglaterra a finales del siglo XVIII, y posteriormente se extendió por Francia, Italia y España a lo largo del XIX.

El Romanticismo implica rasgos como los de la reivindicación del yo, la búsqueda de la evasión o la voluntad del poeta de dar a conocer sus experiencias personales.

Entre los poetas románticos europeos más sobresalientes están los alemanes Schiller, Goethe, Novalis, Hölderlin; los ingleses Wordsworth, Coleridge, Byron, Shelley, Keats; los franceses Víctor Hugo, Chateaubriand; o el italiano Leopardi. De la Literatura española conocéis a Espronceda, Bécquer o Rosalía de Castro.

Hoy vamos a recordar a uno de ellos, Novalis, que escribió Himnos a la noche, colección de poemas en los que se enaltece la noche, identificada con la muerte. El autor peregrina por la noche hacia su propio yo y descubre los misterios del mundo. 

Inspirándose en Novalis, y al más puro estilo romántico, mis alumnos y alumnas de Literatura Unversal compusieron sus propios himnos a la noche, siempre tan sugerente y misteriosa.


A profesora Julia, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura.

1. Valeria Vázquez (que lee el poema que creó Evelyn Lores, que no pudo asistir al evento) hace un ruego a la libertad que proporciona la noche...



2. Aarón Martínez, inspirándose en la antigüedad grecolatina, en su mitología, crea este bello poema...



3. Sara Iglesias hace una reflexión en lengua gallega...



4. Pablo Cuesta cree que durante un paseo por la noche pueden suceder muchas cosas...



5. Tania Fernández crea un himno a la noche al más puro estilo romántico...



6. Óscar Vidal nos habla de un castigo eterno, de lo místico y del más allá...



7. Mónica Pérez nos presenta un yo lírico enamorado de la luna...



8. Anxo Gómez despide este recital poético sobre la noche con una base de rap que le queda estupendamente...


Podedes escoitar a Anxo neste vídeo: