27 abril 2023

OBRADOIRO DE ARDUINO NA BIBLIOTECA!


O alumnado de 2º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial impartíu ao alumnado do Instituto de London St John Bosco un Arduino Workshop en inglés. Cada alumno español traballou cun alumno inglés e lle explicou na súa lingua como programar un Detector de Obstáculos de Bicicletas. 

Deixámosvos a ligazón a Instagram para que vexades como se levou a cabo a actividade!

https://www.instagram.com/p/CriNcmXAf2I/


23 abril 2023

O SALÓN DO LIBRO (Do 21 ao 7 de maio)



Máis de 7.000 libros pasaron pola TROCA DE LIBROS

Como sempre gusta darlle unha segunda vida a esas lecturas que nos emocionaron, que nos divertiron, que nos fixeron coñecer novos mundos... o IES Torrente Ballester organiza todos os anos unha troca de libros no Salón do Libro. Ademais, este ano coincidíu co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. 

Nós tamén nos animamos a participar na troca, xunto con quince centros máis. E foi todo un éxito!

Repertiremos!!





21 abril 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (23 DE ABRIL). PROFESORADO E ALUMNADO RECOMENDAN...

 

Fondo de pantalla para o CROMA que empregaremos na actividade

Texto introductorio elaborado pola responsable da biblioteca:

O día 23 de abril é unha data mo sinalada para escritores, editoriais e amantes da lectura: celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, una xornada moi especial para fomentar e reivindicar a lectura, protexer os dereitos dos autores e autoras e visibilizar a industria editorial.

Escolléuse este día porque o 23 de abril de 1616 morreron, ou eso din, os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

O que seguro que algún de vós non sabiades é que o primeiro Día Internacional do Libro celebrouse o 7 de outubro de 1926, e a idea foi do escritor catalán Vicente Clavel Andrés, para conmemorar o nacemento de Cervantes. Propúxose, entón, a chamada Festa do Libro Español.

Pero en 1930 decidíuse mover a celebración para a data actual do 23 de abril, que acabaría coincidindo co Sant Jordi, patrón de Cataluña, Aragón e Inglaterra.

A UNESCO, por outra banda, aprobou celebrar este día desde 1995 para apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento, así como para mostar a súa defensa do libro e dos dereitos de autor. Ademais, anualmente elíxese unha capital mundial do libro e organízase alí un completo programa de actividades e proxectos. Este ano é Accre, pobo de Ghana, África.

Hoxe, na biblioteca do noso centro celebraremos o Día Internacional do Libro, primeiro a través da lectura de fragmentos que reivindican a importancia e a necesidade de ler, e segundo a través das recomendacións que profesorado e alumnado nos queiran facer. Grazas a todos!

FELIZ DÍA DO LIBRO 2023!



  • Lista en KOHA das novidades coa temática dos LIBROS E DAS BIBLIOTECAS:
https://iesxunqueira1.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=521&sortfield=title
  • Vídeo en Instagram onde se mostran os novos libros aos que nos referiamos arriba: 
https://www.instagram.com/p/CrT39TCsGFI/

11 abril 2023

O ESCUDO DE AQUILES!


A profesora Dolores, de Grego, membro do equipo de Biblioteca, organizou co seu alumnado de Cultura Clásica (3º ESO) a elaboración dunha roda que semellaba o ESCUDO DE AQUILES na que se relacionaban a mitoloxía coas constelacións

Como outros, este traballo ten que ver co tema eixo deste ano da Biblioteca, tamén relacionado co de Polos Creativos: "O espazo exterior: mundos por descubrir". 

Aquí tedes o resultado!! 😍😍





30 marzo 2023

MULLERES NA HISTORIA... DE GRECIA!!

Esta actividade está organizada polo profesor Luciano, do Departamento de Xeografía e Historia, e nela participa un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO

As mulleres sobre as que investigan, elaboran un póster e fan unha exposición oral na biblioteca son: Apasia de Mileto (maestra de Retórica), Hipatia de Alejandría (filósofa), Agnódice (xinecóloga e parteira) e Friné (hetaira grega). 

Finalmente, os seus traballos quedan expoxtos no Parnasillo.









28 marzo 2023

2ª SESIÓN DE CONTACONTOS (Actividade do ENLG na Biblioteca)

O ENLG do noso centro organizou este evento primaveral do CONTACONTOS sempre ávido de defender, difundir e valorar a lingua gallegas, esta vez entre alumnado de 1º de ESO












21 marzo 2023

DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 DE MARZO)

  • IV XOGOS FLORAIS DO IES A XUNQUEIRA I. ENTREGA DE PREMIOS (24/3/23)

Presentación

Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión da identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador de diálogo e de paz. A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral, en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e de fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo. O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para louvar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, e promover a lectura, a escritura e o ensino deste xénero. A medida que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todos están invitados a unirse. www.unesco.org


Así pois, hoxe unímonos aquí na biblioteca para celebrar o Día Mundial da Poesía, que foi o pasado mércores desta semana, e queremos compartir con vós o nome e a pequena obra de arte en verso destes magníficos poetas que temos no centro. Darémoslles o seu ben merecido premio e gozaremos da súa lectura no conseguinte recital, que vos parece? Antes de nada, noraboa aos premiados e premiadas!

Gañadores e gañadoras

  • NA MODALIDADE DE 1º/2º DE ESO, en lingua GALEGA: Iago Abreu (2º B)

  • NA MODALIDADE DE 1º/2º DE ESO, en lingua CASTELÁ: Hugo Vuelta (2º B)

  • NA MODALIDADE DE 3º/4º DE ESO, en lingua GALEGA: Sara Graña (3º A)

  • NA MODALIDADE DE 3º/4º DE ESO, en lingua CASTELÁ: David Portos (4º C)

  • MODALIDADE DE BACHARELATO quedou deserta, polo que o equipo de biblioteca decidíu seleccionar excepcionalmente dous poemas máis. Os dous poemas pertencerían á MODALIDADE DE 3º/4º DA ESO e os dous están en lingua GALEGA: Os gañadores son Sabela Porto (3º A) e Marcos Espiña (3º A).


    Iago Abreu

    Hugo Vuelta

    Sara Graña

    David Portos

    Sabela Porto

    Marcos Espiña

    ..................................................

  • A profesora Blanca, de Debuxo, organizou co seu alumnado de Bacharelato os seguintes carteis para conmemorar este día... 
POESÍA NECESARIA!!










  • Por último, as nosas BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS!






17 marzo 2023

DÍA INTERNACIONAL DO CÓMIC E DO TEBEO (17 de marzo)

A data na que aparece publicada por primeira vez en España a revista de historietas TBO, 17 de marzo de 1917, foi a elixida para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO CÓMIC E DO TEBEO, e nós na biblioteca tivemos moitas BIBLIOSUXESTIÓNS lectoras! Fixádevos!!