14 novembro 2022

NOVOS USOS DA BIBLIOTECA I

De súpeto, chegas á biblioteca e atópaste co profesor Carlos, do Departamento de Latín,
impartindo a materia de ORATORIA ao seu alumnado de 3º de ESO. 

Alí estaban todos, lendo e entonando magníficamente un texto literario seleccionado polo profesor.



Pero se te fixabas un pouquiño máis, tamén estaba sentado na biblio o noso director Enrique e a profesora Sonia, de Tecnoloxía, ambos preparando unha REUNIÓN DE PROFESORES que ía ter lugar pola tarde. 



E o que non se vía: a persoa que facía a foto, que son eu, a coordinadora da biblioteca, que nese intre preparaba un cartel anunciador do MES DA CIENCIA EN GALEGO para o estante central...


Como vedes, a biblioteca é un ESPAZO INFINITO DE POSIBILIDADES Á TÚA DISPOSICIÓN!!