20 decembro 2018

ACTIVIDADES NA RADIO DO CENTRO






O alumnado de 1º e 2º da ESO participa este curso nun proxecto na radio escolar. Xa están dispoñibles as primeiras gravacións! 

Este trimestre, os alumnos e alumnas de 1º da ESO fixeron breves programas de radio sobre as linguas da Península Ibérica e sobre os lugares onde estas se falan. Por outra banda, o alumnado de 2º da ESO fálanos na radio escolar sobre as súas mellores viaxes.

Queres descubrir o que nos contan? Entra na radio escolar mediante o enlace da marxe dereita deste blog da biblioteca e escoita aos teus compañeiros!


O alumnado de 3º da ESO tamén colaborou, a través da radio, na celebración do Día da Declaración dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro.

Fixeron unha lectura dos artigos que o conforman. Anímate a escoitalos tamén! Xa sabes como: mediante o enlace á marxe dereita deste blog. 

As profesoras María Valcárcel, de Lingua Galega e Literatura, e Rocío Gómez, de Lingua Castelá e Literatura fan posible este proxecto de radio tan interesante! Grazas, compañeiras, por colaborar na biblioteca!

19 decembro 2018

CONTACONTOS EN GALEGO


Hoxe tivemos o CONTACONTOS na biblioteca!

Foi estupendo escoitar a rapaces e rapazas de 2º de Bacharelato, 2º e 3º da ESO interpretando, desde o noso atril da biblioteca, os contos máis coñecidos de autores da literatura galega. 

Fixádevos que obras!






E agora podedes ver as fotos desta magnífica actividade, a última deste trimestre, antes de Nadal:

Helena Casalderrey e Nerea Calvo (2º Bach. C) leron "Na oficina de obxectos perdidos", de Made in Galiza (Sechu Sende)


A biblioteca encheuse de alumnos de 1º de ESO!

Mirade canta xente!



Algún dos lectores e lectoras preparándose antes de saír.
Ao fondo, o profesor Reboredo.

Yago García (3º A) leu "O paracaídas", de Made in Galiza (Sechu Sende).


Nerea Rodríguez (2º ESO, B) leu "No escuro caletre de Martiño", de Cousas (Castelao).

Naiara Redondo (2º ESO, B) leu "Roque das goas", de Os outros feirantes (Álvaro Cunqueiro).

al
Verónica Piñeiro (2º ESO, B) leu "Eu fine ouigha co espirito de Castelao", de Made in Galiza (Sechu Sende).

Sandra Rozadas (2º D, Bach.) leu "Nin en soños vou perder a miña lingua", de Made in Galiza (Sechu Sende).

Marta Rodríguez (2º ESO, A) leu "O vello saramaguiño", de Cousas (Castelao).

Roque Álvarez (2º ESO, B) leu "O inglés", de Retrincos (Castelao). 

Antonella Tourón (3º B) leu "O país que falaba", de Made in Galiza (Sechu Sende).
Miguel Peñas (2º ESO, B) leu "O retrato", de Retrincos (Castelao)

Gabriel Barros (2º ESO, A) leu "Falar" de Made in Galiza (Sechu Sende)

Lucía Hucha (2º B, Bach.) leu "Os apaches de Avelino o matachín", de Capitol, última sesión (Miguel Anxo Fernández)

E logo do traballo ben feito... a celebralo!!!!

Helena Casalderrey, cortando as tartas larpeiras que trouxo o profesor Reboredo!!

Todos celebrando o ben que saíu a actividade de Contacontos!

17 decembro 2018

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL


Hoxe foron entregados os premios do CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2018, na biblioteca. O profesor encargado de entregalos foi José Manuel Reboredo, que é o representante do Grupo de Normalización da Lingua Galega no noso centro. Aquí tedes as fotos!

Na CATEGORÍA A (Bacharelato) o gañador foi Sergio Portos Fernández (1º BAC).

Na CATEGORÍA B (ESO) as gañadoras foron Nerea Rodríguez Ruibal -2º ESO- (1º premio), Marina Otero Piñeiro -4º ESO- (2º premio), Rebeca Gregorio Fernández -1º ESO- (2º premio) e Lucía Soliño Poceiro -1º ESO- (2º premio). 














Estamos moi contentos cos novos artistas do noso instituto!

Unha boa maneira de felicitarvos a todos e a todas o NADAL este ano!

13 decembro 2018

CONFERENCIA NA BIBLIOTECA SOBRE EDUCACIÓN, CULTURA E MACHISMOS (Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos)


Este é Jesús Iglesias, nacido en Pontevedra no ano 1981 e licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2003. Desenvolveu boa parte da súa carreira profesional como informador e comunicador na cidade do Lérez. Tras escribir as súas primeiras notas de prensa para a Axencia Galega de Noticias (AGN), en 2005 pasou a formar parte do persoal de Diario de Pontevedra, xornal local no que permaneceu durante case dez anos. Aínda que comezou sendo o responsable de áreas como Sanidade e Educación, foi asumindo aos poucos a cobertura informativa das seccións de Municipal e Política, ámbitos de especialización cun maior peso dentro da cabeceira e para os que, durante cinco anos, escribiu a maior parte das súas noticias, crónicas e entrevistas. Este período marcou tamén o desenvolvemento da súa faceta máis creativa, converténdose nun rostro habitual das contraportadas e a páxina web do xornal coa súa columna de opinión semanal ‘Diamantes en Bruto’. Á marxe da súa ampla experiencia como informador, que inclúe unha etapa como xornalista xudicial, Iglesias tamén traballou como asesor de comunicación do Colexio de Médicos de Pontevedra e o Consello Galego de Colexios Médicos.

Hoxe xoves impartíu na nosa biblioteca unha conferencia sobre diversas cuestións relativas á educación, á cultura, á igualdade de xénero... A ela asistiron varios grupos de ESO e Bacharelato e considero que todo o que se dixo alí, independentemente de que coincidira ou non coa nosa opinión, foi motivo de reflexión posterior tanto para o alumnado coma para o profesorado que alí estivemos...

Jesús Iglesias esta mañán.







En Pontevedra viva tedes varios artículos seus nos que se recollen moitas das ideas que nos expuxo hoxe:

"La mala educación":
https://pontevedraviva.com/opinion/4188/mala-educacion-jesus-iglesias-ocampo-atencion-cliente/

"Bibliofobia":
Este gustoume especialmente porque fala da importancia de saber falar e escribir ben, de ter ansia por coñecer, por ler, por encherse de cultura en tódolos ámbitos... Rexeita os que alardean da mala educación ou de cometer faltas de ortografía, sen saber que quen fala e escribe mal, pensa tamén mal. Non estigmaticemos a boa educación, por favor...
https://pontevedraviva.com/opinion/4317/bibliofobia-jesus-iglesias-ocampo-opinion/

"Machocracia":
https://pontevedraviva.com/opinion/4237/machocracia-jesus-iglesias-ocampo-opinion/

Grazas, Jesús Iglesias, de parte de tódolos alumnos e alumnas que asistiron hoxe a túa interesante conferencia! 

10 decembro 2018

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS






DEFENDAMOS A EQUIDADE, A XUSTIZA E A DIGNIDADE HUMANA!

  • O día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asamblea Xeral adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948. Este ano marca o 70 aniversario da Declaración, un documento histórico que proclamou...
...os dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen importar...

...a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición. 

  • É o documento máis traducido do mundo, dispoñible en máis de 500 idiomas.

  • Aquí vos deixamos a edición ilustrada da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, publicada pilas Nacións Unidas; pincha na imaxe:



  • Desde hoxe, e durante toda a semana temos unha exposición de obras que dalgunha ou doutra maneira teñen que ver coa celebración deste día. Moitas destas obras son de recente adquisición:










































O correspondente itinerario lector nº 7 é o seguinte:





  • O martes 11 de decembro,  a profesora Carmina Aguado brindounos a todos os que estábamos na biblioteca información moi interesante acerca de CONCEPCIÓN ARENAL, a legalista, escritora e feminista galega que denunciou a situación nos cárceres de homes e mulleres en España, a miseria das casas de saúde e a condición das mulleres no século XIX. Foi unha muller que, clarisimamente, loitou polos dereitos humanos...





  • Se pulsades sobre a súa imaxe, accederedes á película que sobre Concepción Arenal se fixo desde RTVE, coa magnífica Blanca Portillo como protagonista, da que tamén nos falou a profesora Carmina:

"CONCEPCIÓN ARENAL, LA VISITADORA DE CÁRCELES" 
Durante a exposición, os alumnos recibiron un MARCADOR DE LIBROS especialmente deseñado para a ocasión polo Secretario do noso centro, José Manuel Ramos, e que recollía o segundo artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.