DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO)

  • Esta é unha xornada establecida sola Asemblea Xeral da ONU en 2015, cuxo obxectivo é lograr a participación de todos no mundo da ciencia e a tecnoloxía nunha situación de plenitude e igualdade. 
  • Son moitas as profesionais que tiveron que abrirse camiño ao longo da historia e que, hoxe en día, son un exemplo para moitas mulleres na súa actividade laboral e para multitude de nenas que soñan con incorporarse a distintas disciplinas no seu futuro profesional. 
  • No centro lembramos nos corredores do centro e na biblioteca a moitas destas mulleres que deixaron pegadas na historia da humanidade polos seus estudos, polos seus descubrimentos, pola súa aportación inestimable ao noso benestar. 
  • As profesoras de Física e Química, como Marílí, traballaron co seu alumnado da ESO e lembraron a estas mulleres unha vez máis. Pegaron os carteis dos corredores!
  • En Tecnoloxía, a profesora Sonia tamén lle mandou ao seu alumnado de 4º de ESO que fixera vídeos de TicToc sobre cada unha das mulleres que mostramos abaixo, para logo subir ao noso Instagram. E así o fixemos!! @biblioxun 





























Comentarios